sexta-feira, 26 de janeiro de 2007

Os outros días - Unha festa prós sentidos antes de regresar o inverno

O sábado era verán en Salamanca, unha festa prós sentidos. A luz do sol, o ceo a penas limpo de nubes no que só uns poucos nimbus humilis, espallados e escasos, anunciaban o bo tempo, xunto ó refulxir da pedra de grao rosácea envolvéndoo todo, o ruxe-ruxe doce e ronroneante da vida humana... e as rapazas, ¡ ouh, as rapazas !, indo e vindo, desvestidas do inverno, tódolos seus corpos cheos de vida, rebentando os suéters escasos, os pantalóns axustados, os embigos turxentes, todo era unha eclosión de luz, un rebentar de vida, un estoupido de ledicia ... e a convicción de que un se vai volvendo vello, paseniñamente, pero vello, pois que son tales as causas que un aprecia e nellas se deleita.
Fonte: Alfredo Conde in O Correo Galego 17-06-97

Sem comentários:

Related Posts with Thumbnails